Estructura web

viernes, 19 de diciembre de 2014

Licenzas FGM 2015

2015castellano
Como consecuencia do proceso electoral da Federación Galega de Montañismo e da obrigación legal da aprobación dos prezos das licenzas mediante Asemblea Xeral (LEI 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia; Tit.III, Cap.II, Art.28.5, parágrafo 4º), tense convocado a Asemblea Xeral Extraordinaria da FGM con carácter de urxencia e no prazo máis breve posible, co fin de cumprir a legalidade e poder aprobar os prezos das licenzas para 2015.
Se non hai incidencias durante a súa tramitación (o día 27/12/2014) agardamos que nos últimos días de decembro podamos publicar os prezos das distintas licenzas. Lembramos a tódolos interesados que as licenzas FGM/FEDME 2015 terán validez só dende a súa tramitación efectiva (comezando o período de posible habilitación dende o 01/01/2015) ata o seu vencemento o día 31/12/2015.
Comunicaremos a apertura de tramitación de licenzas ós clubs galegos en canto sexa posible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario