Estructura web

viernes, 20 de febrero de 2015

CASting en la montaña con Rosa Vaamonde


CASting en la montaña con Rosa Vaamonde


Vamos allá.
Leedlo con calma, vale la pena.
Hoy en CASting tenemos a un personaje típico de los montes galaicos.

Conocida por muchos y apreciada por todos, no sabíamos muy bien como Rosiña, fue a caer en las zarpas del CAS, hoy se encarga de desvelarnos el secreto.

Se ha ganado el cariño de todos por su compañerismo y la alegría que pone en todo lo que hace (aunque a veces parece que muerde).

Polifacética en los deportes y en sus habilidades, lo mismo la puedes ver corriendo por el monte como… bueno, cualquier comparación animal me puede costar un disgusto, así que mejor, como una loca (mejor ¿no? Rous) , que remando en un kayak que sería la envidia de David Cal, que ejerciendo de hooligan del Crat.

Leed su blog vale la pena: http://cronicasdomaquis.blogspot.com.es. Es más que interesante.


(¿Fixeno ben Rosiña?, El Grinch)


1 - NOME: Rosa Vaamonde

2 – DATA DE NACIMIENTO: 18/10/1966

3 – PROFESIÓN: Funcionaria

4 – UNHA COMIDA: Calquera que non perpetre eu.


5 – UNHA BEBIDA: Antes e durante: auga de coco e auga. Logo xa veñen as birras, que son a miña auténtica motivación pa afojar polo monte. O ben que saben despois.

6 - PARA IR O MONTE, ¿DIVINA DA NORTE OU COA CARA LAVADA?: Bueno, eu coa cara lavada tou ijualmente divina da morte, pero normalmente poño protección, non vaia ser o demo. Protección con color desa que logo mancha os panos, as luvas, o buff e veña todo lixado. Ti usas protección verde, Grinch?

7 - ¿DESDE CANDO NO MONTE?:   Mellor sería “para cando o monte?”. Polo de ajora, e desde hai dous anos, son trotadora ocasional de pistas, montículos, outeiros e montes pequerrechiños.

8 - ¿POR QUE A MONTAÑA?: Por que o monte?  [corrixo eu] Porque aborrecín correr en asfalto. Paréceme aburrido e lesivo. Cando viñen vivir a Coruña a cidade facíaseme demasiado asfáltica e fun virando cada vez máis a saír por pistas de terra (polo Mero, a Torre, San Pedro e Bens). Logo, a primeira vez que pisei unha carreira montuna, a subida por San Pedro de Rochas en Esgos, decateime de que dera xusto co que estaba buscando. E non, non me refiro a chejar de última. Trátase de que ademais da beleza da paisaxe, o ambiente é outro mundo: a xente máis relaxada, falas moito, combinas carreira, trote e reptar nas encostas, fas moitas risas, caes de cu, botas moitos xuramentos, éncheste de merda, enchóupaste, maldís o momento en que te inscribiches, paras a axudar a un acalambrado / esguinzado ou o que se tercie, impórtache un pemento o tempo e cando volves para a casa o subidón é tal que mesmo cando nos días seguintes ao baixar as escaleiras tes que termar deses adoquíns que che saíron no sitio dos cuádriceps, debúxaseche no careto un sorriso bobalicón e xa estás devecendo por outra.




9 - ¿QUE CHE GUSTA FACER NO MONTE?: Apampar, perderme, mollar os pés, encherme de merda (dispensando), perder os foljos, perder a noción do tempo, rir, suar, deixarme ir, deixar a mente en branco, desfrutar o momento.

10 – CAL FOI O TEU MAIOR LOGRO NO MONTE?: Parar para axudar cando foi necesario. Son unha pésima trotadora, así que o máis meritorio que poida ter feito é botar unha man. Home, tamén me fixo ilusión completar 53 km no Camiño dos Faros, pero máis que estar orgullosa por min o que me quedou foi un profundo agradecemento cara á organización e a xente que me acompañou no camiño. O mérito é deles. E os que fixeron os 203 xa non che quero contar!

11 – UN LUGAR ONDE NON CANSAS DE IR: As Fragas do Eume. Gustaríame ter máis tempo para chegar a aborrecer sitios preciosos, pero como non o teño e as Fragas están a man, podo confirmar que non as aborrezo por moito que vaia.

12 – UN LUGAR ONDE NON VOLVERÍAS: Mentres estou correndo sempre hai un momento en que digo que non volvo correr nunca máis, pero lojo se me pasa a tontería. En realidade volvería a todos os poucos montes que coñezo. Pero dos entrenos que fixen, o lugar que menos me gusta é a Zapateira, que para a xente de Coruña é moi socorrida pola proximidade, pero pouco agradable.

13 – UN LUGAR ONDE TE GUSTARÍA IR: Quizais algún día correr nalgunha desas marabillosas probas de Madeira e Canarias que soamente vin en fotos e me dan envexa da malísima.

14 – ALGO QUE SEMPRE LEVAS AO MONTE: Compañía. Correr pola cidade asócioo xeralmente a un hábito solitario, pero o monte pide ir en grupo.

15 – ALGO QUE NUNCA LEVAS AO MONTE: Présa.

16 – UNHA PROBA NA QUE CHE GUSTARÍA TOMAR PARTE. Calquera á que teña ocasión de ir por axenda (copada) e forma física (lamentable) Se pode ser, cunha parte nocturna; este verán corrín por primeira vez con frontal e descubrín en min unha veta mineira oculta ou aljo así.

17 -¿SON AS MULLERES DE MONTE TAN RUDOS COMO DIN?, ¿E OS HOMES?
Somos xente requintada e sensible, cajonojlorio.


18 – UN RETO: Divertirme. Non mancarme. Ir sacando tempo para poder escapar ao monte de cando en ves.

19 – RECOMÉNDALLE A ALGUÉN O  MONTE:  Estou eu, que máis se pode pedir?  Ja, ja, ja!!!!!

20 - ¿POR QUE OU POR QUE NON CAS? Un día fun á carreira da Auga en Sada, e cando rematou había toldo, paparota, xente que berraba coma se falasen dunha leira a outra, un que me servía birra dunha xarra, outros que xogaban ao rugby cunha bica larpeira, e non sei como foi que acabei do CAS, ijual botáronme droja. Así que se che gusta a birra, os toldos, as paparotas, xogar ao rugby cunha bica larpeira e berrar, faite do CAS.
  
21 – CÓNTANOS O QUE QUEIRAS. Que tal publicitei o CAS? Justouvos?


(Gracias guapisima, sabemos lo dificil que es conseguir una entrevista con una famosa como tu)




No hay comentarios:

Publicar un comentario